Tarefa



Fostes escollidos para formar parte dunha comisión que se vai encargar de investigar sobre este tema no voso contorno e a vosa tarefa consistirá en analizar a situación no voso centro, facer un DIAGNÓSTICO e DISEÑAR UN PLAN PARA PREVER SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR. Esta investigación servirá para que coñezades mellos en que consiste o acoso escolar, como se manifesta e que medidas e estratexias se poden adoptan para evitalo ou, cando menos, paralo.
PARA COÑECER CAL É A SITUACIÓN NO CENTRO E FACER UN BO BO DIAGNÓSTICO E DISEÑAR UN BO PLAN DE PREVENCIÓN, teredes que:

  • Informarvos sobre que é o bullying ou acoso e como se manifesta
  • Recopilar información e comprender por que aparece o acoso , cales son as causas; a continuación, aplicar esta información que recollestes ao voso centro e determinar se se dan as condicións para que se poidan dar situacións de acoso.
  • Investigar sobre cales son as formas de acoso mais frecuentes e aplicar ese coñecemento ao voso centro.
  • Entender como se comporta unha persoa que está sendo víctima de acoso, cales son os sinais externos que, ás veces, non vemos.
  • Coñecer que saben os vosos compañeiros sobre o acoso escolar e se se viron algunha vez nunha situación semellante. Se desta pescuda inferides que se está a dar algún caso de acoso no centro debedes actuar con extrema discreción e ir inmediatamente xunto ao director ou directora do centro.
  • Diseñar un protocolo de actuación para o caso de que alguén estea sendo víctima de acoso.
Unha vez feito este traballo xa estades en situación de plasmar os resultados da vosa investigación :
  • Nun informe dirixido ao Departamento de Orientación onde se faga un diagnóstico da situación no centro.
  • No deseño dunha campaña de concienciación sobre este tipo de conductas . Nesa campaña teredes que dar a coñecer cales son as causas do acoso, como se manifesta, como podemos recoñecelo ( os sinais de se alguén está a ser acosado), como podemos defendernos e a onde podemos acudir se nos encontramos nunha situación de acoso ou se sabemos de alguén que se encontra nesa situación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario